29 abril 2009

Pinza

"Pachi" asegura que el objetivo del PSOE debe ser gobernar en solitario en 2009, obteniendo para ello al menos el 40% de los votos. Mientras ayer Feij009 le tendía la mano al PSdG.
En paralelo, al BNG le siguen pasando estos trenes decidiendo entre la dialectica hegeliana o un enfoque marxista postmoderno. O se ponen ya en el mapa o se van a repartir el "Risk" entre PP y PSOE.
¿No les huele esto a "pinza"? El tiempo dirá, pero el contador (de votos) empezará su vertiginoso descenso en las próximas europeas.

28 abril 2009

Oposicións "bilingües"

O presidente Feij009 Ven de comprometer, nun encontro en Madrid, que as vindeiras convocatorias de oposición na Galicia serán bilingües, seica a palabra de moda desta primavera-verano.
Noraboa Presidente! É un momento estupendo para garantir un dereito constitucional -este si que si- de todolos galegos: espero que iso tamen asegure que todos os funcionarios públicos na Galicia teñan a mínima competencia lingüística para atenderen en galego aos cidadáns que tamén o esixan, non si?

24 abril 2009

Quén teme á escisión?

Qué Unidade?! Para que, para Máis BNG, máis do mesmo?!
Por Dios!, acabai xa con esto, non o aturamos máis: nunca será posible, socio-políticamente falando, unha forza política maioritaria na Galicia que condense no mesmo barco a unha suma do que poderíamos chamar CiU+PSC+ERC. Ninguén no BNG pensara antes nesto? O BNG haberá de dicirlle aos seus votantes, actuais e potenciais, que quere ser, pero todo non o pode ser, os resultados dino claro.
Xa coñecen a miña opinión, imposible o experimento actual, que tirou bos réditos hai un tempo, pero xa non é posible actualmente, se queremos facer do galeguismo unha maioría social. Logo centremos.
E se centramos, o lóxico e que agromara, desas cinzas, unha forza de esquerda de clase, nacionalista e soberanista que ocupara un necesario espazo no noso país. Faría un bo favor aos nacionalistas da UPG, do EI, do MpB, FPG, AMI, e demáis, e axudaría a conformar un espazo socialdemócrata galego de seu.
Máis claro non o podo dicir.

21 abril 2009

A metáfora do aikido

Comentaba noutros post previos que a situación límite do galego esixe medidas urxentes. A dificultade, desta volta, é que, ademáis da negativísima coxuntura política e social, xa non hai marxe para o erro. De aí que haxa que enxergar unha estratexia que cualle de forma clara na cidadanía, tanto galego-falante como "sensible" ao galego, e, sobre todo, que non sexa entendida como algo "imposto".
Os resultados electorais ou un superficial pulso a opinión da rúa demostran sen moitos paliativos que a xente entende que o enfoque normalizador da anterior Xunta foi "agresivo" e que lesiona as "liberdades" (sic) de pais e cidadáns. Xa sei dabondo que, desde unha perspectiva seria e "científica", isto non ten xeito nin maneira, pero, como di aquel, éche o que hai: podemos seguir falando de mapas sociolinguísticos, deturpación, reintegracionismo, e todas esas "trapalladas" -en sentido figurado, digo- ou sermos pragmáticos e entender, dunha santa vez, que isto non é Catalunya.
Pois pensando nisto -extraños os mecanismos do cerebro humano- veuseme a cabeza o aikido (xuro que non adoito mirar as pelis de Steven Seagal), unha arte marcial nipona que, máis que en bater no rival, consiste en aproveitar a súa enerxía para tumbalo e vencelo; esto, aínda que non o crean, ten relación co que falabamos antes: sendo realistas, temos que asumir que algunhas das teses de Galicia Bilingüe teñen convencido a moitos galegos. Porén, penso que non vai rendible -non o ten sido- unha extratexia de confrontación, posto que a apelación a esa suposta "liberdade" ten demostrada a su eficacia, e ir na súa contra pode significar, para o cidadán de a pé, sermos uns "inquisidores da liberdade". Por tanto, pensemos no aikido e, aproveitando o traballo feito por GB, sigamos a estela do Bilinguísmo, máis desta volta, "real".
Qué supón isto?
  • Asumir con plena naturalidade o bilinguismo, rexeitando a idea dunha normalización "retroactiva" que proxecte a nostalxia dunha Galicia monolingüe.
  • Defender o pluralismo linguístico e a liberdade, e para iso asegurar, xa que logo, o ensino e a posibilidade "real" de viviren en galego.
  • Esixir ás forzas "non nacionalistas" a seren máis galeguistas, ao xeito "piñeirista" (un partido naciolista ou todos os partidos un pouco galeguistas?), véndose na obriga de aceptar sen remudas os plantexamentos de mínimos.
  • Convertir ao BNG, ou o que fique deles, nun partido que asuma as teses do bilinguismo tamén, mutatis mutandi do anterior, co cal desactivaríamos os ataques dos amigos de GB.

Nada máis, e nada menos, que normalizar o bilinguismo. De vez.

¿Alternativa?

Será la última vez que vuelvo a dar la lata con el dichoso tema, poco queda ya por decir y, me temo también, por hacer: prometido.
Ha ganado (va a ganar, quiero decir) la UPG y su Alternativa pola Unidade: ya conocen mi prescripción -partido estándar centrado y soltando lastre de Ducados y pantalones de pana- así que no voy a reiterarme, ni que decir tiene que nadie entiende como un partido comunista puede dirigir los destinos de un frente interclasista; esta estética, esta nomenclatura no resiste ya ni siquiera una charla de café entre estudiantes de 1º de Filosofía en Compostela. Pero es que lo del "compañeiro" Guillerme es de traca: ¿alguien en su sano juicio cree que este señor va a recuperar el voto urbano? Realmente se están volviendo locos.
Ya no queda ningún partido galleguista en nuestro país. Ya no hay alternativa, por que no es alternativa aquella posibilidad que no se postula como posible fuerza real de gobierno. Y es que esta Alternativa (pola Unidade), y perdonen mi triple redundancia, desterrará, por siempre jamás, cualquier vestigio de proyecto político autónomo para Galicia.

15 abril 2009

Imaxe

Gustoume moito o de nasty party, tanto que creo que merece máis atención por ser unha das chaves que poden explicar a non consolidación do nacionalismo como forza maioritaria na Galicia. Imos adicarlle un breve pero intenso post, desta volta acerca da imaxe que proxecta. Reparen, por exemplo, no estilo, na roupa dos nosos queridos representantes do BNG: u-las garabatas?
Pensaba eu en Bieito Lobeira, ao que mirei na tele hai cousa dun mes en Hai debate! na galega: sen entrar na sua capacidade dialéctica, ou na orientación radical do seu discurso, creo que o Sr. Lobeira é un tipo, guapo, ben parecido polo menos. Ademáis está delgado, ten o pelo cano e branco pero sen semellar maior, senón iso que dan en chamar "maduro". Non pensan que cun traxe gris pérola, entallado aínda que non moito, cunha camisa branca e unha garabata azul mariño semellaría un político máis fino, más "profesional", más "de confianza"? Quizáis deberiamos empezar por aí.
Por que, o que espera o electorado é xente cualificada e seria, con imaxe de xestor. Ao cabo, ao parlamento hase de ir como se debe. Por que para ir vestido de "troskista" hai tempo abondo nos consellos de UPG, non si?

06 abril 2009

La que se nos viene encima

40.000 votos menos que suponen casi un 3% con respecto a las últimas elecciones autonómicas, justo después de haber pasado cuatro años en el (bi)gobierno: histórico, sólo le había pasado una vez en España a un gobierno, concretamente en Baleares. Este durísimo e imprevisto correctivo, con origen fundamental en el voto joven y urbano, ha provocado un shock de impredecibles consencuencias electorales y estructurales en el BNG, que como todos vds. saben están en el laboratoio a ver si los análisis de orina les dicen algo de los "leucocitos".
Pues no, nada de eso: "volve a burra ao trigo", que dice mi madre.
Después de un análisis interno, al que pueden acceder desde muchas bitácoras digitales, el Think Tank del BNG, ya lo verán, nos conducirá a:
- Frente interclasista asambleario: de hecho, han abierto la espita de los 2.500 delegados.
- Posicionamiento ideológico firme a la izquierda del PSOE: "altermundismo", movimientos cívicos, ecologismo, etc.
- Refuerzo del "ascendente" soberanista: el mensaje que recibe el electorado con la candidatura conjunta con EREC, ARALAR o EA no sólo es de mero"tacticismo"; al final, "la cabra tira al monte".
Aquellos de vds. -me incluyo, la verdad- que pensaban que esto serviría para reconducir todo este embrollo estaban (estábamos) equivocados: nos enfretamos a una involución, reaccionaria a la izquierda, fuera de la realidad gallega y con las "caras" de siempre.
En el BNG nadie se da cuenta de que su verdadero problema es que son un NASTY PARTY, que dicen los ingleses: un partido que no cae bien, antipático. El día caigan de la burra quizás sea demasiado tarde.
Sobre todo porque Quintana ya lo intentó, pero parece que no hay manera: sigan fumando Ducados mientras el resto ha dejado el tabaco por el Pilates.