
Aínda que que a música xa é conocida, os plantexamentos expresados por Beiras, e os similares que virán, de seguro, doutras faccións críticas -Esquerda Nacionalista xa pediu hai máis dunha semana a demisión de Quintana-, cobran agora más relevancia e, se cadra, máis lexitimidade ao corroborar alguns das diagnoses feitas antes dos comicios: fala Beiras de que "hai que recuperar a democracia básica" e para iso "o mesmo aparato vertical non pode pilotar a asemblea". Dito noutras palabras, refundar o nacionalismo desde un asamblearismo de esquerdas, vovéndolle a capacidade de decisión perdida a toda a militancia, e achegarse aos postulados dos movimentos sociais e cívicos. Textualmente, recuperar "a estrutura de fronte interclasista".
Sem comentários:
Enviar um comentário