12 março 2009

BNG: A contrarreforma (I)

Episodio 0: Introito
É evidente que o nacionalismo precisa dun fondo debate acerca do seu funcionamento e do seu posicionamento ante o electorado galego, os últimos resultados así o amostran. Pero eu insisto en outras ideas expresadas xa en entradas previas deste blog: hai que averiguar, con absoluta certeza, que demanda a cidadanía galega do nacionalismo. E saber si é que pide algo, por que un xa ten algunhas dúbidas.
Se resulta que existe unha base sólida -pensemos positivamente que 260.000 votos, máis 20.000 de TEGA, máis os que foron parar ao PSOE e máis ao PP pero con forte sentimento galego- é obvio que algo haberá que facer para mellorar a cuestión. E lembrar que hai que facer propostas para todo un corpus electoral que nunha porcentaxe importante semella moi refractario ao galeguismo.
Pois este debate que eu estou a adiantar, xa escomezou no seo do Bloque a semana pasada, e vai seguir durante esta fin de semana, coa Asemblea extraordinaria, e nos vindeiros meses con "dimes e diretes" variopintos.
Nesta e nas seguintes tres entradas propóñolles as escenas que se van representar na nova ópera bufa" do nacionalismo galego.

Sem comentários: