24 abril 2009

Quén teme á escisión?

Qué Unidade?! Para que, para Máis BNG, máis do mesmo?!
Por Dios!, acabai xa con esto, non o aturamos máis: nunca será posible, socio-políticamente falando, unha forza política maioritaria na Galicia que condense no mesmo barco a unha suma do que poderíamos chamar CiU+PSC+ERC. Ninguén no BNG pensara antes nesto? O BNG haberá de dicirlle aos seus votantes, actuais e potenciais, que quere ser, pero todo non o pode ser, os resultados dino claro.
Xa coñecen a miña opinión, imposible o experimento actual, que tirou bos réditos hai un tempo, pero xa non é posible actualmente, se queremos facer do galeguismo unha maioría social. Logo centremos.
E se centramos, o lóxico e que agromara, desas cinzas, unha forza de esquerda de clase, nacionalista e soberanista que ocupara un necesario espazo no noso país. Faría un bo favor aos nacionalistas da UPG, do EI, do MpB, FPG, AMI, e demáis, e axudaría a conformar un espazo socialdemócrata galego de seu.
Máis claro non o podo dicir.

Sem comentários: