17 junho 2009

(Heavy) Metal

Caneando, ou tentándoo, cando menos, a demagoxia, á cal téndense moitas veces cando se fala deste tipo de sucesos, cómpre rexeitar, contundentemente, os incidentes que están a acontecer co gallo das negociacións do convenio do metal en Vigo. Os traballadores, afortunadamente, contan con instrumentos legais abondos para expresar e artellar as suas reivindicacións, de aí que non veña ao caso montar a que montaron: a violencia nunca ven ao caso, vaia por diante. Pero a cousa ten máis "intrigulis", abofé.

En términos puramente tácticos, ben poucos réditos han tirar os sindicatos de todo este rebumbio: mosquean, con razón, ao persoal, extreman as posicións e afogan as posibles solucións, aínda a máis acaída para os seus representados. E, aínda por riba, despois, o que pasa, é que alguén poder asegurar que os sindicatos están na rúa só por estar o PP no goberno, e que estiveron calados os catro anos "bipartitos". Isto, que non é preciso de todo, mais tampouco incerto, ben sexa dito, pode ser aproveitado polos altofalantes desa dereita rancia e mentireira que da en explotar esas trapalladas que tanto lles rentan; porque despois disto, virá que a oposición se ergue do parlamento, que non se acepta a derrota, que está radicalizada e é bronca, e todas estas cousas que tan pouco ben lle fan a nosa democracia.


Polo ben de todos, tamén por unha mellor negociación, polo mantemento dos postos de traballo, pola mellora económica e empresarial da zona, polas garantías dos traballadores, vaian amodo, que haberán chegar a un acordo.

Que non sone isto a sumisión acrítica, ou a negociación gregaria, ollo: só pido sentido común.


(P.S.: isto tamén ven ao conto dos paifocos eses que lle andan pintando o coche a Gloria Lago. Vaia por delante, tamén, a miña condea máis absoluta, por suposto que é inadmisile recorrer á violencia para defender ou atacar unhas ideas -diametralmente opostas ás miñas- nun estado de dereito democrático. E, doutra volta, tácticamente non hai por donde o coller: non se decatarán que iso redunda no conto da imposición e a suposta valentía desta señora?)

1 comentário:

Lostrego disse...

Que tienes razón, pero a mi, una mitad de mi ser me dice "malo,malo, dibujar dianas sobre nombres, que todo el mundo tiene derecho a disentir, que la libertad de expresion debe de salvaguardarse, patatín, patatán..."
Pero otra analiza el fenomeno de barraca de malicia vil-ingüe, y veo el enorme respaldo de la derechona más rancia, vulgar y mentirosa que está dando cancha a estos hooligans y que se ha dedicado a mentir, tergiversar y manipular con sevicias dialécticas, y la verdad, cuando unos tienen altavoces tan potentes a su favor y otros son acallados por el flagelo de la falta de medios donde expresarse, pues no sabes que decir.
La libertad de expresión debe ser protegida, pero también el derecho a ser escuchado, y esa libertad ahora mismo no se refiere a que yo pueda decir lo que quiera encaramado a una tarima encima de un parque, sino a que en igualdad de condiciones pueda replicar a estos talibanes.