29 setembro 2009

As contas claras

Aínda que o Pachi Vázquez ande facendo xogos de maxia, a pouco que se mire as cousas son como son, e a xente non é parva.

Retomando a anterior entrada do blogue, o do topónimo xa cheira. Todo se amañaría se alguén estivese disposto a aceptar unha obviedade: o nome oficial –A Coruña- resposta a filosofía coa que se redactou unha lei de normalización que defende a asunción do galego como lengua propia –aínda que quizáis non sexa ésta a mellor denominación, o castelán, de facto, tamén o é-. Logo, cadaquen, como é lóxico, que lle chame La Coruña, La Corogne ou o que lle pete. Pero o topónimo oficial é, debe ser, penso eu, A Coruña. De seguro que nin este mínimo asinaría o animal de bellota de Negreira, mais penso que razonable abondo.

Outra volta, non se pode estar en misa e mais repicando. O dos socialistas galegos non ten amaño, ben é verdade. Son capaces de roubarche a carteira coa dereita e facerche un cariño coa esquerda, que se supón que é a boa – man, digo. “Ou arre ou xo”:se van estar na manifa en defensa, non o esquezan, dun marco legal de defensa e promoción activa do galego, non se pode xogar a facer a “galegada” de novo, co tema do topónimo, e andar asubiando e mirando para arriba. Cál é, logo, a excusa? Esa suposta “liberdade”?

Se fora así, e o fondo do problema fora unha cuestión de liberdade, de conflito de dereitos, a cousa é ben fácil: que asuma de cheo o rollo macabeo ese e que permita o(s) topónimo(s) en castelán tamén, que deixe a elección dos pais o ensino do galego, que non subvencione ás iniciativa empresariais, xornalísiticas, cidadáns en galego, cadaquen que faga o que lle pareza. A lei de supervivencia, e listo: así non adamos dando voltas.

Ou é que que queremos rabuñar votos por unha banda –a do BNG- e non perdelos pola outra –a alcaldía d’A Coruña? O que lle vai pasar ao PSdeG é que os vai perder todos. Bueno, todos non: na Coruña Negreira é o que vai tirar réditos, porque lles vai levar o asento en María Pita fixo, se non, ao tempo. Outra cousa éche a póla nacionalista, éstes seguirán apanpando e non serán quen de ver o carril de aceleración que lles están a regalar estes cheiñas do PSOE.

Así de triste é a política nesta nosa comunidade.

11 comentários:

Lostrego disse...

Non estou tan certo coma ti a que Negrera sexa o vindeiro alcalde da Coruña.
Negrera agora mesmo non conta co apoio da executiva do PP, de feito non é conselleiro, as súas declaracións galegófobas non empatizan con moitos dos membros do PP -por discordancia, por comeniencia política o por non ter un novo competidor-, e se me apuras, as bases do PP na Coruña tampouco o teñen moito en conta ( o seu "delfín" Juan de Dios Ruano tampouco acadou o suporte preciso nas últimas eleizóns internas)

Lostrego disse...

Non estou tan certo coma ti a que Negrera sexa o vindeiro alcalde da Coruña.
Negrera agora mesmo non conta co apoio da executiva do PP, de feito non é conselleiro, as súas declaracións galegófobas non empatizan con moitos dos membros do PP -por discordancia, por comeniencia política o por non ter un novo competidor-, e se me apuras, as bases do PP na Coruña tampouco o teñen moito en conta ( o seu "delfín" Juan de Dios Ruano tampouco acadou o suporte preciso nas últimas eleizóns internas)

Anónimo disse...

Home, Lóstrego, as cousas non son así. O feito de que non estea ben mirado polo PPdeG non quere decir que non vaia gañar as eleccións, estos coruñeses fanse solidarios con Negreira para voltar a La Coruña.

Lostrego disse...

Gostaria non estar errado. O meu anceio e non ver a Negrera no concello, pero, tudas istas pesimas brincadeiras do topónimo dan noxo senón mágoa.
Hai tantos retratos de colonizados na Coruña.
Ah! recoméndovos este artigo, do que comulgo completamente:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Sobrevivir/gallego/elpepuespgal/20090924elpgal_10/Tes

Anónimo disse...

Un video de unos pescadores gallegos y un Ovni...

http://www.youtube.com/watch?v=pBdIklwXfoE&feature=player_embedded
Este es el Feijoo y su nuevo marketing para aunmentar el turismo en Galicia ¿?

Lostrego disse...

Non! é a politica de Frijol009 para que teñamos que incluir o idioma "extraterrestre" coma lingua de seu da Galiza ;)

Anónimo disse...

Pues no se si Frijolito querrá incorporar el lenguaje "extraterrestre" pero está claro que La Sexta, esa cadena de TV plural e imparcial nos quiere enseñar gallego... En un video sobre los ET del ovni dicen que los actores no saben hablar gallego porque el gallego tiene "Geada"... ¿todos?, eso es lo que me pregunto !!!

Lostrego disse...

Desgraciadamente, hay un enorme desconocimiento de Galiza en algunos medios de comunicación madrileños.
No se si implica ignorancia o dejadez ante los esteriotipos.
En fin... que se sigue con ideas preconcebidas!

Lostrego disse...

Persoalmente os ataques de determinados sectores do PP contra o galego estanme a radicalizar a miña defensa da cultura, porén cando as accións (?) politicas do seu goberno fan medrar os desempregados e paralisar o desenvolvemento de infraestructuras xa criadas.
Interesante o artigo do amigo Aymerich:

http://www.xornal.com/opinions/2009/10/02/Opinion/parabens-senor-feijoo/2009100220040425750.html

Ou novas que implican que non hai mellora na Sanidade (cando -por desgraza- eu tiven que ir a Hospitais na época do bipartito e fiquei grato co tratamento e atención)

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/02/sociedad/sanidade-situa-dias-lista-espera-mesma-hai-ano/2009100222484852956.html

Ou o peche do I+D de desenvolvemento do software ceivo:

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/02/sociedad/xunta-perdera-dous-millons-euros-ao-desmantelar-mancomun/2009100222113251308.html

En fin, Frijol009=Madrid 2016

Anónimo disse...

Venho de le-lo seu "poste" ao artigo de Bouza, ótima litaratura Sr. Lóstrego...

E, canda isto, recuperando un fermoso disco de punk vighés, "¿Cuando se come aquí?"...

Seu cunhado

Lostrego disse...

Boa eleizón, sempre cun gosto exquisito na música.
Uma aperta para os dous