10 setembro 2009

Sacando a cabeza

As miñas férias remataron coa chegada de setembro, mais os cambios que me trouxo este mes fan que non tivera tempo de me pasar antes por aquí : novo (e moito) traballo, así que menos tempo para a "troula", farase o que se poda.

Pouco hai que dicir co curso retomado; a "deconstrucción" do noso goberno segue en marcha, a oposición apampando, a sociedade "á galega", morna, e a economía sen comentarios. Un pouco aburrido, certamente. Poucas ganas, xa que logo, hai de darlle moitas volta ao tema, xa está falado e, ata que non haxa outras novas significativas, non haberá moito máis que comentar. Como eu teño pouco que aportar, propóñolles unha visita as novas ligazóns do blogue, duas propostas serias, moi serias, xustamente por estaren en chave de humor: desfruten, han rir e aprender.

E, para rematar, non querería marchar sen facerlles unha última recomendación: o magnífico Antón Baamonde encetou antes das vacación unha serie de artigos imprescindibles sobre o coruñesismo, as elites locais (e localistas) e o problema das clases dirixentes que, aínda que se centra na miña benquerida cidade, creo que pode ser extensible a todo o noso país, por desgraza: non a perdan, insisto.

Prometo voltar de contado, se non con "voz propria", alomenos con boas recomendacións: espero, logo, que teñan sorte e a leria do choio se estenda máis do esperado.

2 comentários:

Anónimo disse...

Parabén, sempre é mellor traballar que estarse en casa tocándose os ovos escribindo sobre o coruñanismo e lendo "El Pais" e máis agora que empezará a chover en Madrid e ZP sacará os cans a pasear...

Anónimo disse...

Hai que convencer a Portugal de que a AVE é vital