06 março 2009

Amizades perigosas

Agora resulta que o PSOE perdeu as eleccións por mor das "compañías peligrosas". Polo visto, a cousa tamén pode deberse a que o BNG foi "pola sua conta", non como PSOE, sempre leal aos nacionalistas, tanto na lexislatura como en campaña, si home si.
Trabucanse os socialistas, moito.
Resulta que a culpa de todo é asociarse con nacionalistas, xente perversa, "taimada", que quere máis autonomía, descentralizar a xestión, respeto pola identidade e a língua, e activar a sociedade. Resulta que en España só hai un partido que representa o que necesita o pobo, a esquerda do PSOE, e os demais, ou son a "derechona" ou son desestabilizadores e inimigos da patria, do proxecto de liberación socialista. Mais, cando convén, gobernamos con eles; cando convén, somos socios de goberno, na Xunta, nos concellos, nas diputacións, nas generalitats.
Iso si: se saen mal as cousas, a culpa é deles, que non estiveron á altura. Por que eles non saben xestionar, son antisistema, son xente rara, cheiran raro. Incluso queren impoñer línguas e decretos, pero iso só o dicimos en campaña, non vaia se-lo demo.
En qué quedamos? A que xogan os socialistas? Soben ou baixan? Son federalistas, galeguistas, ou todo o contrario? Entrarán agora no paradigma da esquerda mediática, sociolóxica e política madrileña que utiliza a derrota na Galicia como a proba obxectiva definitiva que precisaba para confirmar as teses de Galicia Bilingüe? Será que non "compensa" facer fronte aos poderes "ancestrais" que opera(ba)n na nosa terra e que agora van reafirmar a su posición "natural"?
Cuidadiño Romeus, Blancos, Guerras, Vázquezes, Leguinas, amodo. Recordade que non ha moito fuchedes terceira forza na Galicia. Non esquecer que estivechedes fora das quinielas tamén. E sobre todo, lembrade que se queredes gobernar neste pais, haberedes de falar abondo con "estes".
Por que, como di miña nai, "con estos bois hai que arar".

2 comentários:

Rubén disse...

É a historia de sempre, o boicot socialista aos nacionalistas cando éstes se saen do molde do políticamente correcto. Isto ven de lonxe, mesmo Castelao viviu tal cando era deputado en Madrid, e logo en Valencia, e logo en Barcelona, e logo en México...

kiko disse...

Queriame presentar xa que quizais aparezca por este blog algunha que outra vez... chamome Enrique e estou a vivir por razoes de traballo en Madrid.

Perdoade se non escribo ben o galego pero debese o bo desarrollo do galego dos gobernos do PP de fai anos e a que a miña cidade (VIgo)o entorno non axuda moito.

Repecto do artigo, queria decir que o PSdG ou o PSOE de Galiza mellor, non en mais ca un titere e ademais un titere sen cabeza dende fai anos, xa que touriño foi presidente porque a xente estaba ata os ovos de Fraga, e agora que as cousas van mal culpan o nacionalismo, agora que xa non necesitan para acallar o PP, ... pero si que estan calados e non din que son malos cando necesitan o noso apoyo para sacar os orzamentos adiante, salvar o pescozo de Magdalena Alvarez.... estes o que necesitan é saber o que queren ser, ainda non saben, temos que tratar de gañarlles o seu espazo politico a traves do galleguismo, porque somos a unica idea alternativa o PP, pero o dificil e trasmitilo a sociedade e creo que a mensaxe destes ultimos anos do BNG non era a acertada.

APERTAS