15 abril 2009

Imaxe

Gustoume moito o de nasty party, tanto que creo que merece máis atención por ser unha das chaves que poden explicar a non consolidación do nacionalismo como forza maioritaria na Galicia. Imos adicarlle un breve pero intenso post, desta volta acerca da imaxe que proxecta. Reparen, por exemplo, no estilo, na roupa dos nosos queridos representantes do BNG: u-las garabatas?
Pensaba eu en Bieito Lobeira, ao que mirei na tele hai cousa dun mes en Hai debate! na galega: sen entrar na sua capacidade dialéctica, ou na orientación radical do seu discurso, creo que o Sr. Lobeira é un tipo, guapo, ben parecido polo menos. Ademáis está delgado, ten o pelo cano e branco pero sen semellar maior, senón iso que dan en chamar "maduro". Non pensan que cun traxe gris pérola, entallado aínda que non moito, cunha camisa branca e unha garabata azul mariño semellaría un político máis fino, más "profesional", más "de confianza"? Quizáis deberiamos empezar por aí.
Por que, o que espera o electorado é xente cualificada e seria, con imaxe de xestor. Ao cabo, ao parlamento hase de ir como se debe. Por que para ir vestido de "troskista" hai tempo abondo nos consellos de UPG, non si?

1 comentário:

Anónimo disse...

Hostia! poner a Lobeira como un ejemplo de lo que debe ser el BNG no es lo más acertado, sobre todo porque es el tipico personaje cuya vida ha sido el partido EXCLUSIVAMENTE y cuyo conocimiento del medio deja bastante que desear.