30 julho 2009

... Whatever will be, will be...

Que mellor que comenzar en inglés un post sobre a sonada enquisa sobre o galego no ensino non universitario. Este venres 31, contra as 11:00h AM, sairemos de dúbidas, e poderemos ver o que aproximadamente 190.000 pais -menos do 60%- respostaron a un inquérito mentireiro, raposeiro, feito sen garantías legais, sen control público, sen rigor metodolóxico e que, por riba, será "respectado" e "vinculante".
A estas alturas, xa tanto ten, iste goberno de "xestores" xerou na Galicia unha fenda que pouco amaño vai ter, e suporá, xa o verán, xa o dixemos, un camiño sen volta atrás para a lingua autóctona de Galicia, a lingua desprezada e doente de diglosia, que, ao revés do conto, morrerá a máns do Goliat. Iso si: non conten coa presenza do Sr. Vázquez; algúns prefiren quedar na casa co rabo entre as pernas, o choio que o amañen outros.
Mais insisto, mañá ben se verá.

Sem comentários: