Mostrar mensagens com a etiqueta O novo conflito linguïstico. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta O novo conflito linguïstico. Mostrar todas as mensagens

30 julho 2009

... Whatever will be, will be...

Que mellor que comenzar en inglés un post sobre a sonada enquisa sobre o galego no ensino non universitario. Este venres 31, contra as 11:00h AM, sairemos de dúbidas, e poderemos ver o que aproximadamente 190.000 pais -menos do 60%- respostaron a un inquérito mentireiro, raposeiro, feito sen garantías legais, sen control público, sen rigor metodolóxico e que, por riba, será "respectado" e "vinculante".
A estas alturas, xa tanto ten, iste goberno de "xestores" xerou na Galicia unha fenda que pouco amaño vai ter, e suporá, xa o verán, xa o dixemos, un camiño sen volta atrás para a lingua autóctona de Galicia, a lingua desprezada e doente de diglosia, que, ao revés do conto, morrerá a máns do Goliat. Iso si: non conten coa presenza do Sr. Vázquez; algúns prefiren quedar na casa co rabo entre as pernas, o choio que o amañen outros.
Mais insisto, mañá ben se verá.

02 julho 2009

Patrimonio

Dous persoeiros da cultura galega, Antón Baamonde e Manuel Bragado, acaban de pór en marcha unha iniciativa na rede en defensa do galego, nestes tempos incertos de agresións mentireiras.


Tódalas iniciativas a prol da nosa lingua, a lingua autóctona de Galicia, son poucas: vaia, xa que logo, desde aquí o meu apoio incondicional. Visiten e asinen, por favor.

14 junho 2009

Spinoza y la encuesta de marras

Decidir es, en último término, elegir entre opciones posibles. Esto simplemente significa que las personas, no tomamos decisiones en abstracto, no elegimos sobre la supuesta base de una libertad "metafísica". Una elección siempre va a estar determinada, condicionada, por factores que la implican, por expectativas de los actores, de los decisores, por el conjunto al que pertenece, su comunidad, su entorno. No creo que esté dando una clase magistral sobre Filosofía, sobre Ética: seguro que ustedes, mis queridos lectores, habían legado mucho antes a esta sencilla y obvia conclusión.

Siguendo este razonamiento, querría plantearles la siguiente cuestión: ¿que ocurriría si a los padres, en Galicia, o en cualquier otra comunidad española, les planteasen la posibilidad de reducir las horas de Literatura española para concentrar esa carga lectiva en materias como Tecnología, Matemáticas o Economía? Apelando a la mayor útilidad (sic), a las mejores salidas profesionales, a la practicidad, y a toda esa suerte de "verdades reveladas" y cortoplacistas, es altamente factible que la mayoría de esos padres tomasen el camino más rápido.

Muchos de los que defienden esta tramposa idea de "libertad" en Galicia, se echarían las manos a la cabeza -con razón- si a alguien se le ocurriera hacer algo parecido con cualquier asignatura de Humanidades, porque, entre otras cosas, no es verdad que las humanidades no sean prácticas, ni que sea adecuado que personas no expertas tomen decisiones acerca del curriculum educativo, por muy hijos suyos que sean. O, incluso, porque realizar estas preguntas en un entorno poco propicio a una elección independiente, bien formada, responsable, no simplista ni populista, derivaría en fiasco pedagógico de primer nivel.

Pues, todo esto, es lo que plantean nuestros amiguetes del PP con nuestra lengua. Preguntarle a los padres gallegos si prefieren una lengua útil (sic), egregia, con varios premios nobel y proyección internacional, o una discriminada históricamente, minoriotaria, idioma de labradores, marineros, gente iletrada o mano de obra en Citröen, no parece, ni lo más adecuado para los objetivos pedagógicos, ni lo más preciso ni equitativo a efectos del análisis de la información llegada de las famosas encuestas. Hacer esta maldita y maliciosa pregunta en una comunidad autónoma en la que el gallego no accede al mundo laboral, a las insituticiones, a la jurisdicción, a la sanidad, y demás etc, es, sencillamente, tramposo.

Porque la libertad no es eso, señores. La libertad es la consciencia de la determinación: es más libre ése que conoce sus limitaciones, que aquel con más opciones por las que decantarse. Y esto no lo digo yo, lo dijo Baruch Spinoza en el siglo XVII.

Esto es, va a ser, un drama, social, cultural, humano. Y de aquí se derivarán otros nuevos problemas de convivencia que, esos sí, "batasunizarán" la vida en nuestra Galicia. sólo servirá para extremar posiciones, y enfrentarnos. Porque los padres van a elegir lo mejor para sus hijos: lo que creen mejor para sus hijos, desde su responsabilidad. Y, en este proyecto, no estará el gallego, si así lo planteamos. Desde luego, esto lo sabe, lo sabía el PP cuando planteó la encuesta. Y tendrá lo que buscaba. Pero el precio será alto, altísimo.

02 junho 2009

De novo en campaña


Parece ser que Feij009 confirmou onte en Madrid que ía comezar o inquérito aos pais en só quince días. Nin manifestación, nin perigo de excisión social, nin novo SXNL nin gaitas van desviar ao Presidente da folla de ruta prometida: calquer aceno de piedade coa lingua galega, que esmorece, só fora un espellismo. A defende-lo "lince", logo.

En fin, o único que queda é que tentemos convencer a moitos pais, moitísimos más que 45.000, de que o galego debe estar presente na educación dos seus fillos. Aí estará unha das chaves argumentais, a batalla dos encuadres, dos frames na que nos vai a vida.

Por favor, os estrategas, poñan os miolos a funcionar, que boa falta nos farán.
(P.S.: graciñas a El blog de Jose Carlos pola imaxe "roubada)

19 maio 2009

Anomalías

Frente a la idea del nacionalismo español de que el gallego, o cualquiera de las otras lenguas “periféricas”, son una anomalía en un país “naturalmente” castellano –al que, inexactamente, llaman español, como si las otras lenguas no lo fueran también-, frente a la idea de que las lenguas autonómicas, diferentes de la “nacional”, son un capricho de independentistas fascistoides, lo que yo considero verdaderamente anómalo es que haya gallegos que no quieran que el gallego, hablado con normalidad por más del 60% de la población en Galicia, no sea una lengua presente en la educación, en la administración o en la vida pública en igualdad -por lo menos- con el castellano. Y cuando digo derechos, no me refiero a algo nominal, sino a la posibilidad real de vivir íntegramente en gallego: no soy capaz de entenderlo. Han pasado ya muchos años de democracia, y sigo sin ser capaz ni de planteármelo; no entiendo que las abuelas, a estas alturas, sigan hablándoles castellano a sus nietos, aislándolos, como en cuarentena, de escuchar el idioma de los “pailanes”.
Esto sí que es una anomalía.
¿Podremos invertir esta situación? No lo sé, la verdad; en poco tiempo ya ni las abuelas hablarán gallego.

28 abril 2009

Oposicións "bilingües"

O presidente Feij009 Ven de comprometer, nun encontro en Madrid, que as vindeiras convocatorias de oposición na Galicia serán bilingües, seica a palabra de moda desta primavera-verano.
Noraboa Presidente! É un momento estupendo para garantir un dereito constitucional -este si que si- de todolos galegos: espero que iso tamen asegure que todos os funcionarios públicos na Galicia teñan a mínima competencia lingüística para atenderen en galego aos cidadáns que tamén o esixan, non si?

21 abril 2009

A metáfora do aikido

Comentaba noutros post previos que a situación límite do galego esixe medidas urxentes. A dificultade, desta volta, é que, ademáis da negativísima coxuntura política e social, xa non hai marxe para o erro. De aí que haxa que enxergar unha estratexia que cualle de forma clara na cidadanía, tanto galego-falante como "sensible" ao galego, e, sobre todo, que non sexa entendida como algo "imposto".
Os resultados electorais ou un superficial pulso a opinión da rúa demostran sen moitos paliativos que a xente entende que o enfoque normalizador da anterior Xunta foi "agresivo" e que lesiona as "liberdades" (sic) de pais e cidadáns. Xa sei dabondo que, desde unha perspectiva seria e "científica", isto non ten xeito nin maneira, pero, como di aquel, éche o que hai: podemos seguir falando de mapas sociolinguísticos, deturpación, reintegracionismo, e todas esas "trapalladas" -en sentido figurado, digo- ou sermos pragmáticos e entender, dunha santa vez, que isto non é Catalunya.
Pois pensando nisto -extraños os mecanismos do cerebro humano- veuseme a cabeza o aikido (xuro que non adoito mirar as pelis de Steven Seagal), unha arte marcial nipona que, máis que en bater no rival, consiste en aproveitar a súa enerxía para tumbalo e vencelo; esto, aínda que non o crean, ten relación co que falabamos antes: sendo realistas, temos que asumir que algunhas das teses de Galicia Bilingüe teñen convencido a moitos galegos. Porén, penso que non vai rendible -non o ten sido- unha extratexia de confrontación, posto que a apelación a esa suposta "liberdade" ten demostrada a su eficacia, e ir na súa contra pode significar, para o cidadán de a pé, sermos uns "inquisidores da liberdade". Por tanto, pensemos no aikido e, aproveitando o traballo feito por GB, sigamos a estela do Bilinguísmo, máis desta volta, "real".
Qué supón isto?
  • Asumir con plena naturalidade o bilinguismo, rexeitando a idea dunha normalización "retroactiva" que proxecte a nostalxia dunha Galicia monolingüe.
  • Defender o pluralismo linguístico e a liberdade, e para iso asegurar, xa que logo, o ensino e a posibilidade "real" de viviren en galego.
  • Esixir ás forzas "non nacionalistas" a seren máis galeguistas, ao xeito "piñeirista" (un partido naciolista ou todos os partidos un pouco galeguistas?), véndose na obriga de aceptar sen remudas os plantexamentos de mínimos.
  • Convertir ao BNG, ou o que fique deles, nun partido que asuma as teses do bilinguismo tamén, mutatis mutandi do anterior, co cal desactivaríamos os ataques dos amigos de GB.

Nada máis, e nada menos, que normalizar o bilinguismo. De vez.

30 março 2009

Puntos de encontro

É preciso re-fundar o galeguismo facéndoo atractivo ao galegos, por moito que sone isto paradoxal.
Máis que nunca, o idioma autóctono de Galicia, un idioma común, como o castelán, para todos os galegos, esta sofrendo agresións inxustificadas, torticeiras, inmorais, trampulleiras e canallas que deben ser paradas nun esforzo común de todolas forzas e entidades galeguistas do país, sexan da póla que sexan.
Máis que nunca, detecto como agroman as defensas do corpus galeguista, como se encetan nos xornais os artigos de denuncia dos atques, de esixencia das "lexítima defensa". Vexo ánimo, tamén albisco posibilidades de consenso, de unión.
Empecemos por aí, polo urxente. De seguro que achamos apoios, moitos. Só hai que procuralos, agachados pola inercia, polo desencanto, pola anemia política.
De aquí cara o ceo

26 março 2009

Derechos fundamentales

Cuando se habla del respeto a los derechos civiles de los padres a la hora de poder elegir el idioma de enseñanza de sus hijos, parece que vamos a tener que explicar, una y mil veces, esta "planificada" confusión a la que el PP y adláteres en el embrollo del gallego recurren obsesivamente: se estaría lesionando un derecho fundamental si a alguien en Galicia se le impidiera hablar en castellano en su vida diaria, si fuera discriminado, por ejemplo, laboralmente por ello, o si un niño no recibiera educación del y en castellano. Que yo sepa, esto no ocurre en Galicia... al castellano, por que al gallego -lean el informe de la RAG aquí- es otra historia: no quiero entrar en esta cuestión ahora, no va de esto esta breve entrada, pero, piensen en que idioma elegirían en una entrevista para un puesto de cierta cualificación en (L)A Coruña.
Todo esto, partiendo de la constatación objetiva de que actualmente los niños gallegos disfrutan e sus clases de una presencia testimonial del gallego. ¿Cúal es el problema entonces?

05 março 2009

Acéndense as alarmas

Nunha entrevista concedida á COPE, o presidente "in pectore" da Xunta, Alberto Nuñez Feijo09, asegura que “les preguntaremos a los padres en la matrícula del próximo curso en que idioma quieren que sus hijos estudien las materias troncales”. Para Nuñez Feijo09, esto non entra en contradicción coa política lingüística do futuro goberno do PP, que non deixará de “proteger y promover” o galego.

Eu pregunto: que pasa se resulta que unha porcentaxe só pequena de pais elixen o galego como lingua vehicular? Por suposto, nada se pode obxetar, se se da esa opción.

Outra: é libre esta elección cando unha das duas linguas é un idioma minoritario, minorizado, sen prestixio, inmerso nun contexto diglósico, sen presenza institucional, e discriminado en entornos de relevo social como a universidade ou a empresa? Aínda que sexa a ferramenta de comunicación cotiá de máis do 60% da poboación.

Agora que lembro: supón, xa que logo, un problema que un neno dea clases de matemáticas nunha das linguas oficiais da Comunidade galega? Cando se daban en castelán ninguén protestaba, que eu soubera.

E por último: a min nunca me gustou a Química; poderei solicitar que os meus nenos non reciban clases desta "subject"? Ou mellor, se as reciben, será posible entón que non lles expliquen a "química do carbono", que a min paréceme un rollo?
Vai ter razón o meu benquerido amigo Pardiñas, e vai resultar que os galegos queremos que a lingua aútóctona fique só para o Luar e para dar discursos o 25 de xullo en homenaxe a Castelao, Curros e Rosalía.