Aínda que o Pachi Vázquez ande facendo xogos de maxia, a pouco que se mire as cousas son como son, e a xente non é parva.
Retomando a anterior entrada do blogue, o do topónimo xa cheira. Todo se amañaría se alguén estivese disposto a aceptar unha obviedade: o nome oficial –A Coruña- resposta a filosofía coa que se redactou unha lei de normalización que defende a asunción do galego como lengua propia –aínda que quizáis non sexa ésta a mellor denominación, o castelán, de facto, tamén o é-. Logo, cadaquen, como é lóxico, que lle chame La Coruña, La Corogne ou o que lle pete. Pero o topónimo oficial é, debe ser, penso eu, A Coruña. De seguro que nin este mínimo asinaría o animal de bellota de Negreira, mais penso que razonable abondo.
Outra volta, non se pode estar en misa e mais repicando. O dos socialistas galegos non ten amaño, ben é verdade. Son capaces de roubarche a carteira coa dereita e facerche un cariño coa esquerda, que se supón que é a boa – man, digo. “Ou arre ou xo”:se van estar na manifa en defensa, non o esquezan, dun marco legal de defensa e promoción activa do galego, non se pode xogar a facer a “galegada” de novo, co tema do topónimo, e andar asubiando e mirando para arriba. Cál é, logo, a excusa? Esa suposta “liberdade”?
Se fora así, e o fondo do problema fora unha cuestión de liberdade, de conflito de dereitos, a cousa é ben fácil: que asuma de cheo o rollo macabeo ese e que permita o(s) topónimo(s) en castelán tamén, que deixe a elección dos pais o ensino do galego, que non subvencione ás iniciativa empresariais, xornalísiticas, cidadáns en galego, cadaquen que faga o que lle pareza. A lei de supervivencia, e listo: así non adamos dando voltas.
Ou é que que queremos rabuñar votos por unha banda –a do BNG- e non perdelos pola outra –a alcaldía d’A Coruña? O que lle vai pasar ao PSdeG é que os vai perder todos. Bueno, todos non: na Coruña Negreira é o que vai tirar réditos, porque lles vai levar o asento en María Pita fixo, se non, ao tempo. Outra cousa éche a póla nacionalista, éstes seguirán apanpando e non serán quen de ver o carril de aceleración que lles están a regalar estes cheiñas do PSOE.
Así de triste é a política nesta nosa comunidade.